Máis de cinco séculos de historia e varios anos de investigación e intenso traballo aparecen condensados no libro “Cee y la parroquia de A Xunqueira. Apuntes para una centenaria historia (1547-2022)”, obra do noso veciño, historiador e técnico de Cultura ceense, Víctor Castiñeira, que será presentada o vindeiro sábado, día 15 ás 20.30 horas, na casa da cultura.
Un libro que nas súas 430 páxinas mostrará a relación da vila de Cee ca Parroquia dende a época medieval. Todos os asistentes a esta presentación levarán un exemplar; obra impresa pola Deputación da Coruña con motivo do Ano Xubilar Mariano.
Este libro sumase a súa última publicación “De Cee a Compostela: unha achega á figura de Domingo A. de Andrade” presentado en maio do pasado ano, a visita guiada do santuario da Xunqueira e o video – documental “Recorrido histórico – artístico por el templo de Nuestra Señora de A Xunqueira” xunto a Fernando Fraga con motivo do Ano Xubilar Mariano.
Comments