Un campo cheo de estrelas, himno do Ano Santo Compostelán 2027, composto polo músico galego Carlos Martínez Movilla, quere expresar a experiencia do Camiño de Santiago desde o seu sentido máis profundo: non unicamente como percorrido xeográfico ou experiencia cultural, senón como peregrinación interior e espiritual, capaz de transformar a vida de quen se pon en camiño.
O Ano Santo preséntase deste xeito como unha chamada á reconciliación con Deus e cos irmáns e á construción dunha fraternidade que non elimina a diversidade, senón que a reúne. O himno quere expresar unha convicción esencialmente cristiá: camiñamos xuntos, guiados polo testemuño do Apóstolo, para deixarnos transformar pola graza e atoparnos con Cristo. Santiago é termo do camiño visible, pero non a meta última. A meta é El, Cristo.





Comments