ActualidadParroquias

A Parroquia de Corcubión no Boletín Auriense

0

O investigador Bieito Pérez Outeiriño publicou recentemente no Boletín Auriense, unha revista científica española editada polo Grupo Marcelo Macías e o Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense, unha investigación sobre a representación cristolóxica conservada no interior da igrexa parroquial de San Pedro da Mezquita (A Merca, Ourense).

Dita representación, obxeto do estudo, ofrece un gran simbolismo que atangue aos principios dogmáticos da tradición cristiá e refirese a imaxe dun pelicano e os seus poliños, ao tempo que se afonda no seu significado co apoio dunha ampla tradición iconográfica iniciada no mundo paleocristián e que terá na Idade Media un auxe significativo por mor da exaltación do culto ao Corpo e ao Sangue de Cristo.

Como parte de esta investigación, Bieito Pérez acercouse a igrexa de San Marcos de Corcubión para incluir as representacións da serpe, árbore do ben e do mal e o pelicano que se atopan nos capiteis do Altar Maior.

Bieito Pérez suma este artigo a súa larga traxectoria que conta coa publicación de 3 libros e mais de 70 artigos científicos así como unha espléndida labor profesional en museos, direccións da Xunta de Galicia entre outras.

 

 

 

You may also like

Comments

Comments are closed.