ActualidadParroquias

A Virxe das Neves de Buxantes: case cen anos da festa central o 8 de setembro

0
Alvela

A ermida da Nosa Señora das Neves está situada nunha fermosa paraxe da Parroquia de Buxantes, Concello de Dumbría. Neste lugar e no medio dunha carballeira, da que só quedan restos na actualidade, existía un casal e a xente que alí vivía adicábase a agricultura á vez que ofrecía hospeaxe e fonda ós peregrinos xa que era un punto de encontro no que se cruzaban tres camiños de peregrinación: A Santiago, a Muxía e a Fisterra.

Veciños de Noia, Muros, Carnota no seu camiño para venerar á Virxe da Barca en Muxía atopábanse cos peregrinos que, procedentes de Santiago, dirixíanse a Fisterra para visitar o Cristo e a Igrexa de Santa María das Areas para rematar a súa andaina na punta do Cabo de Fisterra. Tamén se cruzaban neste punto do camiño os romeiros que, dende esta parte da Costa da Morte, peregrinaban a Santiago para gañar o xubileo ó pé do Apóstolo Santiago.

A Fonte Santa, nome polo que era coñecido esta pequena aldea pola fonte milagreira que alí se atopa, era temén lugar de encontró de escribas e xuices por celebrarse unha feira tódolos terceiros domingos de cada mes e así poder resolver problemas das numerosas persoas da parroquia e arredores que acudían a esta feira. Co paso do tempo a feira cambia de lugar pasándose a celebrar na Pereiriña (Cee) e dar o nome de Feira Nova ó lugar onde tiña lugar esta feira, pertencente á  parroquia de Pereiriña.

Anos 1500 e 1700

Neste punto de encontro e acollida, a carón da fonte milagreira e chamado Lugar da Fonte Santa construíuse ó redor do ano 1500 a primitiva capela que foi adicada á Virxe María das Neves, unha das advocacións da Virxe María máis antigas, xa que data do século IV. Ten a súa orixe nun feito extraordinario que un matrimonio romano interpretou coma un signo da vontade de María e construíu unha Igrexa adicada á Virxe das Neves, celebrando a súa festa o 5 de agosto. Ante a gran afluencia de peregrinos e camiñantes a capela foi ampliada no ano 1700.

No ano 1.809 e con motivo da Guerra da Independencia aconteceu nesta zona unha serie de feitos violentos a causa dos cales as tropas francesas arrasaron todo o que atopaban ó seu paso. Queimaron o lugar da Fonte Santa e mataron a cantos vivía no casal. A partires daquel omento desapareceu o lugar habitado manténdose soamente a ermida, que foi respectada, coma punto de oración e encontro.

X. AMEIXEIRAS.

 

Os veciños da parroquia de Buxantes e arredores tiveron e teñen unha grande devoción a Virxe María das Neves. Nos nosos días, hai uns vinte anos, os veciños da parroquia restauraron a ermida. A maioría dos traballos foron realizados polos mesmos veciños-Repicáronse as paredes exteriores e interiores, renovouse totalmente o tellado, a tribuna e construíuse un falso teito de madeira. Tamén se restaurou o retablo e as imaxes que o presiden así como e as de Santiago Apóstolo e finalmete a da propia Virxe das Neves que foi restaurada no ano 2020. Ata o ano 1.923 celebrouse a festa das Neves o propio día, o 5 de agosto, pero a partires desta data pasouse a celebrar o día 8 de setembro, xa que o cinco de agosto coincidía co tempo dos traballos máis fortes e duros para a xente do campo.

A Romaxe das Neves era unha festa de campo que convocaba a moitas persoas que acudían a participar na celebración da Eucaristía e compartir o xantar con familiares, veciños e amigos, e amigos e a divertirse coa música e o baile. Para costear os gastos de mantemento e as festas, os veciños tiñan eguas no monte e non regateaban esforzos e traballos para procurar continuar e mellorar o legado que recibiron dos antergos.

Hai pouca documentación asequible sobre a historia do lugar da Fonte Santa, Buxantes e da orixe da capela das Neves. Pode ser que exista alguna información no arquivo diocesano de Santiago. A maioría da información que chegou ata nós foi cedida polo xa finado párroco de Coucieiro Manuel Canosa Mouzo, gran investigador da parroquia de Buxantes. Modesto García Quintáns, veciño e estudioso de Buxantes, tivo acceso ós escritos nos que Manuel anotaba as súas investigacións, clasificounos e organizounos para unha mellor comprensión dos datos recollidos. Existen documentos nos que constan casamentos e enterros de veciños do lugar da Fonte Santa e que demostran que realmente este foi un lugar habitado ata 1809.

Dende 1923 a festa celebrase o 8 de setembro; este ano haberá misas as 10 da mañá e á 1 da tarde (función solemne).

Fuente: La Voz de Galicia

 

También te puede interesar

Comentarios

Los comentarios están cerrados.