Esta mañá iniciouse o curso de “Introducción á lingua e á cultura galega” que se imparte a un total de 15 migrantes por parte de Cáritas.
Dita formacion que ten unha duración de 20 horas ofrece nocións básicas de lingua galega (vocabulario, expresión oral e escrita), cultura e historia de Galicia (festas, tradicións, gastronomía, música…) e recursos prácticos para a comunicación no día a día.
A formación será impartida por Dona Lurdes Pardo Fernández que contá cunha ampla experiencia como docente.
A formación realizase grazas o convenio que firmou a Consellería de cultura, lingua e xuventude da Xunta de Galicia e Cáritas federadas da provincia eclesiástica de Santiago de Compostela; ademáis no caso particular da nosa Unidade Pastoral grazas a colaboración do Concello de Cee pola cesión da aula.
A presentación do curso e entrega de material realizaouse esta mañá co Rvdo. D. Desire Kouakou Tanoh, consiliario e director de Cáritas da UPA; Dª Emilia Mª Trillo Lojo, Concelleira de Sevizos Sociais, Benestar Social, Sanidade e Igualdade do Concello de Cee; Dª Lurdes Pardo Fernández, docente e voluntaria e Dª Lucía González García, voluntaria.








Comments