No marco do Ano Xubilar Mariano da Xunqueira, unha das accións máis esperadas era a produción audiovisual realizada polo equipo de Sensor Media. E xa hai data para a estrea do telefilme “O Amparo da Xunqueira”. Os cines Xunqueira de Cee acollerá a gran estrea mundipal o vindeiro 5 de novembro.
Este traballo é produto da colaboración entre a Asociación Amigos da Xunqueira e o equipo artístico formado por Roberto López Beltrán, Pavel Oreshnikov e Toño Casais. O produto pretendía ser unha curta pero funcionou tan ben que acaba sendo un telefilme de máis de tres cuartos de hora de duración.
Está protagonizado, na súa maioría, por un elenco de actores e actrices da Costa da Morte e integrantes da Escola Municipal de Teatro de Cee.
En vindeiras datas poderemos ver o trailer.
Comments